Negra sombra (Rosalía de Castro)
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Negra sombra (Luz Casal i Carlos Núñez. Música de Xoán Montés Capón)
http://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os
Tornar a la pàgina mare.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada